AVISO: Os contidos desta páxina web están en proceso de actualización

Sectores

A nivel internacional, definíronse unha serie de áreas de traballo, fundamentais en cooperación.  Dentro delas, a cooperación española, destina case un 40% da súa axuda a apoiar as infraestruturas e servizos sociais, entre os que se encontran: a educación, a saúde, a defensa dos dereitos humanos, o apoio a temáticas de xénero, sociedade civil e bo goberno, a auga e o saneamento e os servizos sociais.

Outros sectores relevantes son os sectores denominados como “produtivos”, que inclúen o apoio á agricultura, a pesca ou o desenvolvemento do sector industrial, a axuda a emerxencias, as operacións de débeda e a sensibilización.  Dentro da categoría doutros sectores estaría incluída a axuda en medio ambiente, o apoio aos refuxiados en España, os custos administrativos, o apoio orzamentario a outros gobernos e, a axuda que se destina a sectores non específicos.

Distribución ODA: sectores

  • Infraestruturas e servizos sociais: 36%
    • Salus sexuais e reprodutivos: 5%
    • Xénero: 8%
    • Construcción de paz: 7%
    • Auga e saneamento: 21%
    • Servizos Sociais: 12%
    • Goberno, Sociedade Civil e Dereitos Humanos: 16%
    • Saúde: 14%
    • Educación: 19%
  • Débeda: 21%
  • Infraestruturas e servizos económicos: 6%
  • Sectores produtivos: 7%
  • Axuda de emerxencia: 5%
  • Conciencia sobre o desenvolvemento: 3%
  • Outros sectores: 23%

 

Para saber máis