AVISO: Os contidos desta páxina web están en proceso de actualización

Quen somos

Halstag somos cooperación

A Cooperación Española é a suma de todas aquelas persoas, institucións, recursos e capacidades que pon España a disposición dos países en vías de desenvolvemento co fin de contribuír ao desenvolvemento humano, a erradicación da pobreza e o pleno exercicio dos dereitos. Baséase nun amplo consenso político e social a escala nacional de acordo cos seguintes principios:

  • O recoñecemento do ser humano na súa dimensión individual e colectiva, como protagonista e destinatario último da política de cooperación para o desenvolvemento.
  • A defensa e promoción dos Dereitos humanos e as liberdades fundamentais, a paz, a democracia e a participación cidadá en condicións de igualdade para mulleres e homes e, en xeral, a non discriminación por razón de sexo, raza, cultura ou relixión, e o respecto á diversidade.
  • A necesidade de promover un desenvolvemento humano global, interdependente, participativo, sostible e con equidade de xénero en todas as nacións, procurando a aplicación do principio de corresponsabilidade entre os Estados, en orde a asegurar e potenciar a eficacia e coherencia das políticas de cooperación ao desenvolvemento no seu obxectivo de erradicar a pobreza no mundo.
  • A promoción dun crecemento económico duradeiro e sostible dos países  acompañada de medidas que promovan unha redistribución equitativa da riqueza para favorecer a mellora das condicións de vida e o acceso aos servizos sanitarios, educativos e culturais, así como o benestar das súas poboacións.
  • O respecto aos compromisos adoptados no seo dos Organismos internacionais.

Coa finalidade de que a Cooperación Española estea representada ante a cidadanía e a nivel internacional respectando a riqueza da súa diversidade de actores e mostrando os obxectivos comúns e a unidade de acción nace este portal web.

Os seus principais obxectivos son:

  • Proporcionar unha ferramenta que permita o acceso á información e consulta para a cidadanía e os actores da cooperación.
  • Facilitar a comunicación e coordinación entre os diferentes actores e coa cidadanía.
  • Reforzar a visibilidade da Cooperación Española como unha comunidade unida cun elemento distintivo que hai que poñer en valor ante o ámbito internacional.

En definitiva, non é unha web do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, non substitúe as páxinas web de ningún actor. É unha ferramenta para poñer en común a importancia da cooperación internacional ao desenvolvemento, xuntar esforzos na súa consecución e compartir experiencias e información.