AVISO: Os contidos desta páxina web están en proceso de actualización

Que facemos

Bolsas de plástico con alimentos da axuda humanitaria da Cooperación Española

 

A política de cooperación para o desenvolvemento de España está a facer un grande esforzo durante os últimos anos nun escenario de recursos limitados que nos obriga a ser máis efectivos e a aplicar criterios de selectividade e concentración nas nosas accións. E é precisamente dende a perspectiva dos desafíos que se nos presentan, como se enfoca o traballo para avanzar cara a unha política de cooperación para o desenvolvemento española cada vez máis eficaz e de calidade.  A Cooperación Española deu un salto neste sentido co presente IV Plan Director ao establecer o enfoque en resultados como marco orientador da súa actuación tanto nos países socios coma no noso propio ámbito nacional. E é con este enfoque de proporcionar resultados co que se elaborou boa parte deste bloque.

Nel preséntanse as actuacións que estamos a realizar dende unha dobre perspectiva: por un lado, de definición da política de cooperación coas axendas internacionais, a atención ás prioridades xeográficas mediante un responsable exercicio de concentración, e as orientacións xerais e as súas liñas de acción que axudan a focalizar todos os esforzos nunha dirección concreta; por outro lado, de canalización desta segundo diferentes tipoloxías e a súa implementación mediante modalidades e instrumentos que chegan ao beneficiario a través dos programas, proxectos e actuacións de axuda humanitaria que se desenvolven en terreo.