AVISO: Os contidos desta páxina web están en proceso de actualización

Planificación e xestión orientada a resultados

Retrato dunha nena do Caribe, beneficiaria da Cooperación Española

 

O IV Plan Director da Cooperación Española fai unha aposta explícita por enmarcar as súas accións baixo un enfoque para resultados de desenvolvemento. Atendendo aos seus ámbitos de actuación, a finalidade é que eses resultados se produzan tanto no terreo da cooperación ao desenvolvemento, no da axuda humanitaria, ou no da educación para o desenvolvemento.

Dentro deste contexto, estes resultados de desenvolvemento deben quedar expresamente definidos nos procesos de diálogo que se establecen cos seus interlocutores, e que son contextualizados en cada unha das áreas nas que se está a desenvolver o seu traballo.

Co obxectivo de aumentar a eficacia das súas actuacións, a xestión orientada a resultados de desenvolvemento aplícase en terreo a través do establecemento dos Marcos de Asociación co País (MAP) e a Programación Operativa de Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Por outro lado, no ámbito multilateral tamén se establece este tipo de xestión nos Marcos de Asociación Estratéxica con organismos multilaterais para o desenvolvemento (OMUDES) coa finalidade de conseguir unha maior eficiencia no uso de recursos, co establecemento de acordos máis selectivos e estratéxicos.

Con esta perspectiva e mediante unha axeitada xestión do coñecemento, puxéronse en práctica accións que involucran todas as áreas de traballo delineadas por este IV Plan Director e pretenden a súa optimización.

  • A mellora do traballo coa totalidade dos actores, mediante unha planificación orientada explicitamente a resultados, empregando unha metodoloxía participativa e responsable en canto á transparencia da xestión e a execución dos orzamentos.
  • A mellora das capacidades para acadar maior cobertura de actuación, por medio da creación e fortalecemento de redes de puntos técnicos e focais, e a adaptación da planificación aos ciclos marcados pola propia Cooperación Española.
  • A mellora no seguimento dos pretendidos resultados a través dun sistema de avaliación áxil e fiable que permita aproveitar as leccións aprendidas e a diseminación das boas prácticas.  Este seguimento e a revisión continua da xestión facilita detectar o rumbo das nosas actuacións e permite readaptar a orientación cara aos obxectivos establecidos na programación.

Para iso impúlsanse un conxunto diferenciado de accións entre todos os actores que traballan coa Cooperación Española:

  • Desenvolvemento dun plan de formación específica en xestión orientada a resultados de desenvolvemento, que capacite o noso persoal nesta metodoloxía.
  • Execución dunha análise comparativa entre os sistemas de xestión empregados por diferentes doadores, e produción de material informativo e didáctico ao respecto.
  • Revisión e actualización dos marcos de asociación existentes, co fin de dotalos de medios técnicos que faciliten o seu seguimento e avaliación.
  • Posta en marcha na Axencia Española dunha ferramenta para o seguimento das súas actuacións.
  • Designación de responsables encargados destes fins dentro dunha rede de puntos focais.
  • Fortalecemento de capacidades para o seguimento e a avaliación da actuacións entre os demais actores e socios da Cooperación Española, e
  • Ampliación das canles de comunicación entre todos os distintos axentes, co obxectivo de acadar unha harmonización real nas intervencións para unha clara optimización dos resultados perseguidos.