AVISO: Os contidos desta páxina web están en proceso de actualización

Modalidades e instrumentos

O Comité de Axuda ao Desenvolvemento (CAD) define unha serie de instrumentos, comúns para toda a cooperación internacional, que teñen a finalidade de clasificar as accións de cooperación cos países socios.

Entre estas ferramentas recóllense os apoios orzamentarios xerais ou sectoriais aos países en vías de desenvolvemento, o apoio xeral a ONG, PPP e institucións de investigación, as contribucións xerais aos Organismos Multilaterais de Desenvolvemento (OMUDES), o apoio a Fondos e Programas xestionados por OMUDES, os proxectos e programas de desenvolvemento, os expertos e asistencias técnicas, as operacións de débeda, os gastos administrativos, a sensibilización e a axuda aos refuxiados.

Da axuda canalizada por institucións ou organismos que non son OMUDES,  resalta na Cooperación Española o apoio a proxectos e programas de desenvolvemento, onde estarían tamén incluídos os proxectos de axuda humanitaria. O proxecto, é unha ferramenta básica da cooperación e as políticas públicas, e porase máis énfase en mellorar a súa eficacia. É un compromiso da Cooperación Española, reforzar o uso de modalidades de axuda que propicien a eficacia, intentando enmarcar na medida do posible o maior número de instrumentos dentro da modalidade de axuda programática (programme based approach).

Unha destas modalidades é o apoio orzamentario. Ao aplicar o apoio orzamentario realízase unha valoración que ten en conta a análise dos riscos que supoñen estas operacións nalgúns países, e a necesidade de harmonización entre a UE e os estados membros.

O apoio a programas específicos das OMUDES, o envío de expertos e as bolsas de formación a persoas provenientes de PVD’s, son outros dos instrumentos que tradicionalmente resaltaron na Cooperación Española. Resulta tamén relevante o compromiso da Cooperación Española coa educación para o desenvolvemento, que inclúe a sensibilización social en temáticas sobre o desenvolvemento.

Gráfico de distribución dos instrumentos: Apoio orzamentario 1,3 %, Apoio xeral a ONG, PPP e inst. de investigación 0,2 %, Con tribucións Xerais a OMUDES 54,9 %, prog. Específicos OMUDES e cestas de doadores 2,4 %, Proxectos e Programas 22,6%, Expertos, Bolsas e formación 2%, Operacións de Bébeda 9,4 %, Gastos Administrativos 5,2 %, Sensibilización Social 1,2 %