AVISO: Os contidos desta páxina web están en proceso de actualización

Fondo dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

      

 

O Fondo dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (SDGF, polas súas siglas en inglés) é un mecanismo de cooperación ao desenvolvemento creado en 2014 por Nacións Unidas, cunha contribución inicial do Goberno de España, co fin de promover o desenvolvemento sustentable a través de programas conxuntos de carácter integral e multidimensional.

O Fondo parte da experiencia, coñecementos, leccións aprendidas e mellores prácticas acumuladas do Fondo para o logro dos ODM. Ao mesmo tempo, ten como propósito ampliar as súas actividades para fomentar o desenvolvemento sustentable prestando unha maior atención ás alianzas para o desenvolvemento entre actores públicos e privados. A perspectiva de xénero e o empoderamento das mulleres son prioridades transversais en todas as nosas áreas de traballo.

O SDGF busca actuar como nexo de unión na transición desde os ODM aos ODS, ofrecendo exemplos concretos de “como” lograr un mundo sustentable e avanzar a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable.

 

Vídeo Institucional do Fondo para os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable | Fondo ODS

 

DATOS CLAVE

  • O Fondo para os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (Fondo ODS) foi establecido en 2014 polo PNUD, en representación das Nacións Unidas, mediante unha contribución inicial do Goberno de España, co fin de promover o desenvolvemento sustentable por medio de programas conxuntos de carácter integral e multidimensional.
  • O Fondo ODS opera actualmente programas conxuntos en 22 países, que inciden en mellorar a vida de máis de 1,5 millóns de persoas de forma directa ou indirecta.
  • Os programas conxuntos do Fondo ODS cobren principalmente tres áreas temáticas: crecemento inclusivo para a erradicación da pobreza, seguridade alimentaria e nutrición, e auga e saneamento.
  • Para a execución dos seus programas conxuntos, o Fondo ODS baséase na experiencia e leccións aprendidas do Fondo para o logro dos ODM.
  • O proceso participativo para a formulación dos programas do Fondo involucrou unhas 2.000 persoas, procedentes de sectores tan diversos como gobernos e administracións nacionais, comunidades locais, axencias internacionais de desenvolvemento e o sector empresarial.
  • Todos os programas do Fondo ODS son conxuntos. Isto significa que cada un deles conta, de media, coa participación de tres axencias da ONU nun esforzo eminentemente colectivo, fortalecendo deste modo a unidade de acción da ONU e a súa capacidade para producir resultados como unha única entidade.
  • 14 axencias especializadas da ONU e centos de socios nacionais do sector público e privado participan nas diferentes actividades conxuntas do Fondo ODS.
  • O Fondo ODS impulsou tamén actividades para garantir a incorporación das leccións aprendidas durante o proceso dos ODM dentro da nova Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable.
  • Para aliñar dunha mellor maneira as alianzas público-privadas para o desenvolvemento sustentable, o Fondo ODS conta cun Grupo Asesor do Sector Privado, integrado por líderes de grandes compañías de diversos sectores a nivel mundial.
  • O Fondo asume un compromiso absoluto coa transparencia financeira e programática. Todos os fluxos financeiros son actualizados a través do portal de información financeira do MPTF.
  • O presuposto programático do Fondo ODS é aproximadamente de 70 millóns de dólares. Arredor do 57 % desta cantidade provén de socios nacionais e internacionais en forma de fondos de contrapartida.

Máis información | Fondo ODS

Áreas temáticas do Fondo ODS | Acceso

Principios do Fondo ODS | Acceso

 

Para saber máis

¿Que está a ocorrer?