AVISO: Os contidos desta páxina web están en proceso de actualización

Eficacia e calidade da axuda

A Cooperación Española traballa para contribuír aos procesos endóxenos de desenvolvemento que lideran os nosos países socios, identificando, nun diálogo aberto e incluínte entre o goberno, institucións e sociedade civil, os resultados de desenvolvemento aos que mellor se pode contribuír dende a nosa experiencia e aprendizaxes concretando eses compromisos nos Marcos de Asociación País e integrando a todos os actores propios do noso sistema. Neste enfoque de xestión para resultados de desenvolvemento é fundamental consolidar as relacións con actores da Cooperación Española, especialmente as ONGD e o sector privado, en alianzas estratéxicas.  Entendemos que cada proceso de desenvolvemento é único e responde a características e contextos diferentes e require, polo tanto, unha estratexia de cooperación diferenciada baseada na experiencia e aprendizaxes mutuas.  Debemos mellorar a nosa especialización como doador e iso pasa por un proceso de concentración xeográfica, sectorial e multilateral, concentrando os nosos recursos e capacidades naqueles países e resultados de desenvolvemento nos que a Cooperación Española achega un valor engadido e ten unha vantaxe comparativa respecto a outros doadores.

Seis imaxes de Chureca, proxecto da Cooperación Española

Eficacia

O enfoque de resultados de desenvolvemento debe ser o principio orientador das nosas actuacións ao tempo que traballaremos cos nosos países socios no fortalecemento mutuo de capacidades para que poidan exercer un liderado real dunha cooperación cara aos resultados definidos por eles mesmos. Temos o reto de mellorar a transparencia e rendición de contas das nosas actuacións non só ante a nosa cidadanía senón tamén ante a dos nosos países socios.  Neste sentido o desenvolvemento da ferramenta Info@od xunto coa política de avaliación suporán un grande avance. A heteroxeneidade dos nosos países socios, fundamentalmente os países de renda media impúlsanos a reforzar o uso de novas modalidades de axuda, novos instrumentos como os considerados no Fondo para a Promoción do Desenvolvemento (FONPRODE) e como a axuda programática.

 

© Miguel Lizana