AVISO: Os contidos desta páxina web están en proceso de actualización

Actores

A Cooperación Española está integrada por gran diversidade de actores. Esta pluralidade contribúe á peculiaridade do sistema español que o diferencia do resto de doadores, dotándoo de maior riqueza pola súa variedade e facendo necesaria a posta en marcha de mecanismos que permitan a coordinación entre eles e a complementariedade para evitar a atomización das actuacións.

Un dos elementos que pode contribuír a mellorar o impacto da nosa actuación é construír relacións máis sólidas e duradeiras entre os actores de cooperación, complementando as que se establecen cos países socios e cos organismos multilaterais e aproveitando o valor engadido de cada un deles para contribuír aos obxectivos comúns” (IV Plan Director da Cooperación Española 2013-2016).

A continuación móstrase un esquema ilustrativo do conxunto de actores que conforman o sistema: