Sectores

A nivel internacional, definíronse unha serie de áreas de traballo, fundamentais en cooperación.  Dentro delas, a cooperación española, destina case un 40% da súa axuda a apoiar as infraestruturas e servizos sociais, entre os que se encontran: a educación, a saúde, a defensa dos dereitos humanos, o apoio a temáticas de xénero, sociedade civil e bo goberno, a auga e o saneamento e os servizos sociais.

Outros sectores relevantes son os sectores denominados como “produtivos”, que inclúen o apoio á agricultura, a pesca ou o desenvolvemento do sector industrial, a axuda a emerxencias, as operacións de débeda e a sensibilización.  Dentro da categoría doutros sectores estaría incluída a axuda en medio ambiente, o apoio aos refuxiados en España, os custos administrativos, o apoio orzamentario a outros gobernos e, a axuda que se destina a sectores non específicos.

Distribución gráfica da APD polos sectores políticos Cooperación Española: Infraestruturas e Servizos socials 38% (4% Saúde Sexual e reproductiva, 9% Xénero, 8% Construcción de Paz, 6% Auga e Saneamento, 12% Servizos Socials, 18% Gobierno, Sociedade civil y Dereitos Humanos, 16% Saúde y 26% Educación. Débeda 7%. Infraestruturas e Servizos económicos 5%. Sectores produtivos 8%. Axuda de emerxencia 8%. Sensibilización sobre o desenvolvemento 4%. Outros Sectores 30%.