Mellorar a provisión dos Bens Públicos Globais

Tres homes recollen unha rede de pesca vermella con peixes

 

Os Bens Públicos Globais (BPG) e os Bens Públicos Rexionais (BPR) son oportunidades e obxectivos dos que se beneficia toda a comunidade internacional e cuxa xestión supera o ámbito nacional, debéndose traballar para acadalos de xeito coordinado a nivel global ou rexional. Son claros exemplos de BPG os bens e servizos ambientais proporcionados pola natureza, a paz e a seguridade, a estabilidade económica e financeira, a saúde global ou o coñecemento e a cultura. Todos eles supoñen oportunidades estratéxicas que requiren ser abordados mediante un traballo coordinado máis alá das fronteiras dos países.

En moitos casos, a provisión de Bens Públicos Globais require a acción de institucións internacionais, incluíndo a construción, o reforzo e a miúdo a coordinación das accións nacionais: canalizar fondos a programas nacionais, rexionais ou globais, facer seguimento e informes de progreso e nun crecente número de áreas, o debate e a implementación de decisións tomadas a nivel global. De aí que a lexitimidade e o goberno, así como a calidade e a xestión da capacidade das institucións multilaterais resulte vital para a provisión de Bens Públicos Globais e Rexionais.

As diferentes Estratexias Sectoriais de toda a Cooperación e os Plans de Actuación Sectorial da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), de todas as áreas que intersectorialmente impactan en BPG (como Medio Ambiente e desenvolvemento sostible, Saúde, Crecemento Económico ou Gobernabilidade) son a base das seguintes liñas de acción que serán prioritarias para a Cooperación Española.

  • Desenvolvemento Sostible e Medio Ambiente.
  • Paz e Seguridade.
  • Estabilidade económica e financeira internacional.
  • Saúde global.
  • A diversidade das expresións culturais.

Gráfico representativo das estratexias e liñas de traballo da orientaciónEstrategia SectorialPlan Estratégico Sectorial de SaludEstrategia Sectorial de Medio Ambiente

O labor da Secretaría Xeral de Cooperación para o Desenvolvemento

1. Desenvolvemento sostible e medio ambiente

  • Seguimento dos grupos de Expertos en Medio e Cambio Climático (MACC) da UE e da OCDE, así como o Practitioners Network.
  • Seguimento da Rede Iberoamericana de Oficinas de Cambio Climático e da Iniciativa de Pobreza e Medio ambiente do PNUD + UNREDD +UN-Habitat. Experiencia piloto en Transversalización de MACC e finalizar a Guía de Transversalización.
  • Seguimento dos procesos de Río +20, especialmente o grupo de financiamento para o desenvolvemento sostible. Seguimento do Foro Político de Alto Nivel para o Desenvolvemento Sostible, establecido en xullo de 2013 pola Asemblea Xeral de NNUU e que substitúe a Comisión de Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sostible (CDS). Este foro impulsará os esforzos que precisan os desafíos económicos, sociais e medio ambientais.
  • Ademais, a Cooperación Española dará continuidade aos seus compromisos internacionais adquiridos, en especial:
  • Coordinando o desenvolvemento dunha estratexia de financiamento para a conservación da biodiversidade (compromiso asumido na última conferencia da CBD).  Será un dos temas a tratar en outubro de 2014 durante a COP12 da Convención sobre Diversidade Biolóxica, en Corea do Sur.
  • Desenvolverá unha metodoloxía común para a contabilización dos marcadores da AOD de cambio climático e biodiversidade.
  • Por outro lado, continuaremos traballando a transversalización da sostibilidade ambiental en todas as políticas da CE, e dando seguimento aos distintos grupos de expertos a nivel UE e OCDE sobre medio ambiente e cooperación para o desenvolvemento.

2. Paz e seguridade

  • Prevese realizar unha achega directa ao orzamento da Unión Africana, sendo o piar de paz e seguridade o que absorbe o 40% da contribución española.
  • De acordo coas directrices do MAPP- OEA, a Cooperación Española, en estreita coordinación coas autoridades colombianas está a ter un papel importante en temáticas centrais ao proceso de paz de Colombia como recoñecemento de vítimas, xustiza transicional ou restitución de terras.

3. Estabilidade económica e financeira internacional

  • Reunións do Banco Mundial e das IFI.  Coordinación con el Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO) para a axenda de financiamento internacional.
  • Seguimento e contribucións ao Grupo de Desenvolvemento do G20 e á reunión de líderes do G20.
  • Seguimento dos procesos de reforma das IFI.

4. Saúde global

  • España seguirá participando nos Consellos de administración das Organizacións público privadas de saúde, concretamente no Fondo Mundial de Loita contra a sida, a malaria e a tuberculose, GAVI e UNITAID colaborando xunto con outros países, ONG e organizacións filantrópicas na elaboración de estratexias, e políticas de financiamento que contribúan a poñer ao alcance dos máis pobres medicamentos, vacinas, métodos de diagnósticos e sistemas de prevención como mosquiteiras, etc., para combater ás enfermidades trasmisíbeis máis prevalentes e apoiar aos sistemas de saúde na área das súas enfermidades diana.
  • España seguirá tamén participando nas reunións de doadores dos parternariados público - privados para o desenvolvemento de produtos para a saúde tales como a Iniciativa para a vacina da sida, a iniciativa para microbicidas, etc.
  • Ademais, a cooperación española seguirá intervindo en foros internacionais como a rede de expertos en saúde da Unión Europea, a Asemblea Mundial da Saúde e a Xunta do Padroado de ONUSIDA para cohesionar e facer máis eficaces as políticas públicas de saúde global.

5. A diversidade das expresións culturais

  • Nos MAP inclúese como prioridade transversal seguindo as directrices do Plan Director e da Metodoloxía MAP.